Contextualización artística

Aquí tes unha táboa que recolle de forma moi esquemática as diferentes etapas da historia da literatura galega. Nela marcouse con fondo granate o período ao que se refire esta unidade didáctica.

Debes ter en conta que as producións de vangarda literaria en Galicia se agrupan ao redor dunha serie de autores coñecidos como os Novecentistas, Vangardistas, Xeración do 22 ou Xeración do 25 que conviven cos autores da Xeración Nós.

(Podes clicar na táboa para ampliala.)


*
Agora cos mesmos grupos que realizastes a contextualización histórica no eixe cronolóxico, elaborade outro paralelo no que se recollan os principais acontecementos artísticos tanto universais coma galegos poñendo en relación ambos os dous eixes.


- Podedes partir da Táboa cronolóxica de axuda.

- Tamén vos pode ser de grande axuda a serie de artigos
Cen anos de historia cultural realizados por Marcos Valcarcel. Podedes atopar os textos publicados na rede no seu blog As uvas na solaina e paralelamente no xornal Galicia Hoxe.
Ano 1924: no blog, no xornal.
Ano 1926: no blog, no xornal.
Ano 1930: no blog, no xornal.
Ano 1933: no blog.
Ano 1936: no blog.