Manuel Antonio - Chove na Cidade e Chove na Aldea

[Clica na imaxe para poder ler o texto mellor.]
  1. Este texto de Manuel Antonio pertence á súa obra Sempre e mais dispois. Pola súa elaboración pódese aventurar que se trata dunha produción poética anterior ao ano 1926. Leo acompañando a túa lectura da composición realizada por César Salgado García para o poema. Podes escoitala aquí.
  2. Fíxate no proceso creativo, Manuel Antonio partindo dun elemento cotián da nosa climatoloxía como é a chuvia, consegue artellar unha composición evocadora mediante os recursos da repetición e o paralelismo. Localiza no texto estes recursos. Poderías sinalar a presenza dalgúns outros recursos estilísticos?