Contextualización histórica

[Fotografía da Coruña no ano 1900.]

Os movementos vangardistas inícianse como unha reacción contra os convencionalismos estéticos decimonónicos. A actitude revolucionaria dos vangardistas ten o seu precedente na actitude bohemia dos artistas fronte aos valores materialistas da burguesía.

A orixe da vangarda hai que buscala en determinadas filosofías (Nietzsche, Kierkegaard...) e, sobre todo, na crise da revolución industrial que rematou en forma de conflito bélico coa Primeira Guerra Mundial.

En grupos repartídevos os anos do período 1900-1936 e elaborade un eixe cronolóxico no que se recollan os principais acontecementos históricos tanto universais coma galegos. Podedes axudarvos dos seguintes enlaces:


- Fundación Galiza Sempre

- Galipedia


- A história da Galiza

- Álbum de Mulleres (liña do tempo)