Surrealismo - Cunqueiro



O Surrelismo ou Superrealismo xorde a partir da Iª Guerra Mundial supón a culminación das vangardas.

En 1924 André Bretón publica o Manifesto surrealista que considera a arte como unha vía de coñecemento para acceder á interioridade humana.

Ideoloxicamente os seus autores son afíns ao marxismo e ás teorías da psicanálise de Freud.

Este movemento utiliza a escritura irreflexiva e automática porque lle permite ao subconsciente

Achegas do Surrealismo:

- A escrita automática e irreflexiva porque lle permite ao subconsciente expresarse con liberdade abríndolle o paso ás vivencias oníricas. Trátase de reflectir o funcionamento real do pensamento sen ningún tipo de control intermedio por parte da razón.
- A utilización dos soños, alucinacións e delirios como material literario.
- A tentativa de reconciliación de opostos que dá lugar á mestura de xéneros, á creación de obxectos absurdos, etc.

Este -ismo dentro das vangardas galegas ten en Álvaro Cunqueiro o seu máximo representante co seu libro Poemas do si e do non (1933), escrito baixo o influxo de Paul Éluard. Pero o seu é un surrealismo sentimental que deixa de lado o automatismo poético e a carga dramática que caracteriza moitos textos surrealistas.

Le agora o Noivado I de Cunqueiro como mostra da súa poesía surrealista.