Cabanillas: Na taberna


..........Na taberna

Os mozos mariñeiros da fiada

lémbranse rindo alleos de coidados;
cheira a aceite e pemento requeimados
rustrido de xurés en caldeirada.

Conta o patrón nun corro a treboada
do ano setenta –historia de afogados–;
e empuxándose, inando, entran mollados
os homes dunha "lancha de enviada".

Pasa de man en man a xerra roiba
de albariño, e namentres cae a choiva
o vento fai tremar a casa enteira,

detrás do mostrador clarexa o ceo
nas trenzas de ouro, no mirar sereo,
na sorrisa de luz da taberneira.


* Este texto de Ramón Cabanillas pertence á súa obra No desterro (1913).